Teletraballar no Courel

Traballar dende o corazón da natureza

O territorio das Montañas do Courel, recoñecido pola súa riqueza natural, xeolóxica e cultural, enfróntase desde hai décadas a un proceso de despoboamento progresivo e á perda de actividade económica en sectores clave.

​

Por iso, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque, Montañas do Courel, propón o proxecto “Teletraballar no Courel”.

​

Obxectivos

​

  • Reactivar o territorio rural.

  • Fomentar o teletraballo como vía de emprego descentralizado.

  • Mellorar as infraestructuras dixitais.

  • Fortalecer o teixido social e o arraigo ao medio rural.

  • Impulsar o desenvolvemento económico local.

  • Revalorizar o patrimonio natural e cultural da Montaña do Courel. 

Articúlase en torno a 5 grandes eixes de actuación:​

 

  • ​Espazos de coworking rurais e conectados.
  • Promoción do Courel como destino de vida e traballo sostible.
  • Incentivos e servizos de acollida para facilitar a transición.
  • Xeración dunha comunidade de innovación rural.
  • Acompañamento de novos residentes no seu proceso de integración.

 

É un programa integral de desenvolvemento territorial que busca transformar a comarca do Courel nun referente galego e estatal de teletraballo rural. Non é únicamente unha proposta de instalar un espacio de coworking, senón unha estratexia de revitalización socioeconómica basada no talento dixital e o arraigo sostible.