Entorno

ENTORNO

Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel é un espazo natural único, recoñecido como Xeoparque Mundial pola UNESCO, que combina unha riqueza xeolóxica excepcional cun valioso patrimonio cultural y paisaxístico. Arrodeado de montañas, fragas autóctonas e aldeas con encanto, este territorio ofrece un contorno ideal para o desenvolvemento sostible, o ecoturismo e as actividades tradicionais. A nosa asociación traballa en estreita conexión co medio, apostando por un modelo económico que respeta e potencia a identidade do Courel.

COSTUMES

Xeoparque Montañas do Courel

O territorio das Montañas do Courel conserva un valioso patrimonio inmaterial, froito dunha longa historia de relación sostible entre a poboación local e o seu medio natural. As prácticas tradicionais, transmitidas xeración tras xeración, reflicten unha identidade cultural profundamente enraizada no territorio e seguen a ter presenza activa na vida cotiá de moitas comunidades da zona.

​

A economía tradicional baseouse na agricultura de subsistencia, a gandaría, a apicultura e o aproveitamento dos recursos do monte. Actividades como a matanza do porco, a utilización de fornos comúns para a elaboración do pan ou os traballos colectivos nas leiras forman parte dun patrimonio cultural que se mantén vivo e que contribúe á cohesión social.

​

As festas patronais, os magostos e outras celebracións estacionais seguen a ser espazos fundamentais de encontro e transmisión cultural, nos que se mesturan música tradicional, gastronomía local e rituais ancestrais. Cómpre salientar tamén a importancia da tradición oral —contos, lendas, refráns e cantigas—, así como a conservación de elementos da arquitectura popular como muíños, sequeiros, pallozas e cabanas.

​

Este conxunto de saberes, prácticas e manifestacións culturais forman parte esencial da identidade do Xeoparque Montañas do Courel, e constitúe un activo estratéxico para o desenvolvemento sustentable, a promoción do turismo responsable e a valorización do rural galego.

FESTIVIDADES

Romería da Nosa Señora dos Remedios (A Ermida)

Feira Mercado e Mostra do Mel de Quiroga

Feira do Viño de Quiroga

Qui-Roma

RECURSOS

Courel Mountains

Ofrece información sobre os valores xeolóxicos, os miradoiros, rutas e principais puntos de interese. Ideal para planificar a visita e coñecer os recursos xeolóxicos e culturais da zona.

Turismo Deputación de Lugo

Ofrece unha visión global do territorio, destacando a natureza, etnografía, patrimonio e gastronomía local. Inclúe descricións de aldeas, recursos ambientais e festas típicas.

Ecoturismo

Destino de ecoturismo sostible, comprometido coa conservación do medio e o desenvolvemento local. Ofrece información detallada sobre o territorio, actividades en contacto coa natureza e servizos turísticos responsables. Permite reservar experiencias auténticas con empresas locais certificadas.

Geoparques

Ofrece unha visión xeral do Xeoparque Montañas do Courel, destacando os seus valores xeolóxicos, naturais e culturais, así como as accións desenvolvidas para a súa conservación e posta en valor. 

ENTORNO

Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel sitúase na provincia de Lugo, Galicia, entre as coordeadas 42,715º N, 42,32º N e 7,023º W, 7,42º W.

​

A poboación residente no territorio é escasa e dispersa, según datos do INE en 2016, nos 577,85km que compoñen o Xeoparque hai 5406 habitantes, repartidos entre os municipios de: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Folgoso do Courel

Está composto por 9 parroquias: 

– Esperante

– Folgoso

– Hórreos

– Meiraos

– Noceda

– Seceda

– Seoane

– Villamor

– Visuña

​

Sitúase na parte norte do Xeoparque e consta de 193 km de superficie e 1005 habitantes. 

Quiroga

Está composto por 22 parroquias:

– Augasmestas.
– Bendilló.
– Bendollo.
– Bustelo de Fisteus.
– Cereixido.
– Encineira.
– Fisteus.
– Hermida.
– Hospital.
– Montefurado.
– Nocedo.
– Outeiro.
– Pacios de la Sierra.
– Paradaseca.
– Quintá de Lor.
– Quiroga.
– Seara.
– Sequeiros.
– Vilar de Lor.
– Villanuiz.
– Villarmiel.
– Villaster.

Atópase no centro do Xeoparque, cunha superficie de 317,39 km e unha poboación de 3096 habitantes, sendo o máis denso dos 3 municipios da zona. ​

Ribas de Sil

Está composto por 7 parroquias:

– Nogueira

– Peites

– Piñeira

– Rairos

– Ribas de Sil

– Sotordey

– Torbeo

​

Atópase no sur xunto ao río Sil e está unido a Quiroga pola ponte do ferro. Ten unha superficie de 67,78km, sendo o máis pequeño dos tres, e unha poboación de 920 habitantes.

PAISAXE, CLIMA E NATUREZA

A comarca das Montañas do Courel destaca pola súa complexa orografía montañosa. Entre os cumios máis elevados atópanse o Pía Páxaro (1.607 m), o Formigueiros (1.639 m) e o Montouto (1.546 m), que configuran unha paisaxe abrupta e de gran valor natural.

 

O clima presenta dúas zonas ben diferenciadas: nas zonas baixas, como o val do Sil e os seus afluentes, predomina un clima oceánico con matices mediterráneos, caracterizado por temperaturas medias anuais ao redor dos 14 °C, invernos suaves (5-6 °C), veráns calorosos (22-23 °C) e precipitacións moderadas (600-700 mm), con frecuentes xeadas e néboas. Nas zonas máis altas do norte, o clima é de montaña, con temperaturas máis baixas e precipitacións máis intensas, moitas veces en forma de neve durante o inverno.

A rede hidrográfica está estruturada arredor do río Sil, ao que se lle unen importantes afluentes como o Lor, o Quiroga, o Soldón e o Bibei, que moldean o relevo e aportan vida aos ecosistemas locais.​

 

En canto á vexetación, destacan as emblemáticas devesas do Courel, bosques autóctonos que combinan especies como carballos, faias, bidueiros, teixos, acivros e abeleiras, e que adoitan ocupar as zonas máis escarpadas. Pola súa parte, os soutos, con predominio de castiñeiros, sitúanse en zonas de val, aproveitados tradicionalmente polas comunidades locais.

ECONOMÍA LOCAL

Tradicionalmente, Quiroga baseou a súa economía no sector primario. Non obstante, nas últimas décadas, a introdución de novas actividades, como a minaría, provocou unha perda progresiva do peso da agricultura e da gandaría na estrutura produtiva local.

 

A actividade agraria actual concéntrase nas zonas de menor altitude, mentres que a silvicultura domina nas áreas montañosas. A superficie dedicada a pastos é de 606 hectáreas, e a destinada a cultivos, de 476 hectáreas, fronte a unhas 5.648 hectáreas ocupadas por monte. Destaca especialmente o cultivo da vide, sobre todo no val do Sil, con 320 hectáreas amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Tamén cómpre mencionar a recuperación da produción de aceite de oliva, con 9 hectáreas xa en aproveitamento comercial.

A silvicultura continúa sendo relevante, a pesar das restricións derivadas da protección ambiental e do abandono de numerosos montes comunais, que antigamente se destinaban ao pastoreo.

 

O sector secundario representa o 44,2 % da poboación activa, con especial presenza da industria (29,9 %) e da construción (14,3 %). A actividade mineira, centrada na extracción de lousa de alta calidade a ceo aberto, é destacada.

 

O sector terciario ocupa o 45,4 % da poboación activa e concéntrase maioritariamente na vila de Quiroga, onde se atopan os principais servizos comarcais, así como unha notable actividade comercial.

 

En canto ás infraestruturas, as principais vías de comunicación son a estrada N-120 e a LU-651, que conecta Quiroga con Folgoso do Courel, ademais da liña ferroviaria Monforte de Lemos–Ourense.

HISTORIA E PATRIMONIO

As terras de Quiroga conservan pegadas de poboamento dende tempos remotos, entre as que destacan as mámoas megalíticas como os vestixios máis antigos.

 

Séculos despois, a presenza romana marcou profundamente a historia local, atraída pola riqueza aurífera da zona. Froito desta actividade mineira, os romanos levaron a cabo a desviación do curso do río Sil en Montefurado mediante a construción dun túnel, co obxectivo de optimizar a extracción do ouro.

Xa no século XVI, os Reis Católicos prohibiron o cultivo de oliveiras en Quiroga para deter a produción de aceite, aínda que esta actividade continuou de maneira clandestina.

 

Destacan no patrimonio cultural de Quiroga as igrexas parroquiais de Santa María Madalena da Seara, San Miguel de Montefurado, Santa María de Outeiro, Santa María da Ermida e a capela de San Xoán do Hospital.

 

Tamén sobresaen os restos dos castelos dos Novais e de Sequeiros, ambos declarados BIC en 1994, así como o antigo hospital de peregrinos de San Salvador do Hospital, dos séculos XII–XIII. Completan este conxunto os pazos de Carballedo, Lamela, Ponte da Rodela e San Martiño de Abaixo.

 

Na arquitectura popular resultan singulares as cortiñas ou alvarizas, construcións circulares de pedra destinadas a protexer as colmeas do ataque dos osos.

 

No ámbito natural, destaca o espazo Ancares–Courel, declarado Lugar de Importancia Comunitaria e integrado na Rede Natura 2000, que ofrece unha gran riqueza paisaxística e biodiversidade.

Igrexa de Santa María Madalena da Seara

Igrexa de Santa María da Ermida

Castelo dos Novais

Cortiñas ou alvarizas