Servizos para socios

SERVIZOS

Formar parte da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel é apostar pola colaboración, a visibilidade e o crecemento compartido. Como socio, tes acceso a accións que poñen en valor o teu negocio, fomentan o consumo local e fortalecen o tecido económico da comarca.

​

Descubre todo o que podemos facer xuntos.

Difusión e visibilidade colectiva

Organización de microformacións en temas útiles, aproveitando coñecementos internos ou apoio externo gratuito:

  • Redes sociais.
  • Facturación, autónomos, dixitalización básica.
  • Mellora na atención ao cliente.

Red de colaboración entre socios

Fomentar relacións entre empresas para xerar sinerxias, acordos de intercambio e compras conxuntas.

Formación gratuita ou de baixo coste

Promoción dos negocios dos socios na web da asociación, redes sociais e canles compartidos. ​

Campañas conxuntas de dinamización

Organización de campañas de dinamización comercial.

  • ​Campaña de Nadal.
  • Semana do produto local.
  • Ruta do tapeo «Cantar no Xeoparque».
  • Pasaporte comercial: sello por compra en cada negocio participante.

Red de colaboración entre socios

Actuar como canle para resolver dudas comúns, facilitar trámites ou intermediar ante institucións.

  • Consultas básicas sobre axudas, trámites ou fiscalidade.

  • Canle de comunicación directa có concello, GDR, Xeoparque, etc.

  • Representación ante convocatorias, subvencións ou proxectos comarcais.

Formación gratuita ou de baixo coste

Ofrecer aos socios información útil e anticipada sobre axudas, formacións, feiras ou proxectos.

  • Boletins da Xunta, Diputación, INEGA, IGAPE, GDR.

  • Contacto directo con outras asociacións e entidades colaboradoras.