Formación

Reunimos unha coidada selección de accións formativas gratuitas ou subvencionadas, ofrecidas por recoñecidas plataformas e institucións a través da rede. O obxectivo é facilitar o acceso a oportunidades de aprendizaxe continuo que impulsen o crecemento profesional, a actualización de competencias e a mellora da empleabilidade nun entorno laboral en constante evolución.

Xunta de Galicia – Formación en Comercio Electrónico

A Xunta de Galicia ofrece dous cursos gratuítos en comercio electrónico dirixidos a persoas traballadoras autónomas de Galicia, con independencia da súa actividade profesional.

​

  • Curso básico: Introdución ao comercio electrónico, aspectos xurídicos, nocións de márketing dixital, promoción en liña e canles de distribución.

  • Curso avanzado: Dirixido a persoas con formación ou experiencia previa. Inclúe a elaboración dun plan de márketing en liña, creación e xestión de tendas con Prestashop, protección de datos, seguridade e medios de pagamento.

​

Ambos cursos teñen unha duración de 50 horas.

Formación para o sector comercial galego

A Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon a disposición das persoas profesionais do sector unha ampla oferta formativa de carácter gratuíto, orientada a mellorar a competitividade, a dixitalización e a seguridade no ámbito laboral.

Estas accións formativas están deseñadas para dar resposta ás necesidades actuais do pequeno comercio galego, ofrecendo contidos prácticos e adaptados á realidade do sector.

Obradoiros de Dixitalización, Innovación e Sostibilidade.

Estes obradoiros permiten explorar ferramentas e estratexias que contribúen a mellorar a visibilidade online do negocio, optimizar a xestión diaria, implantar solucións innovadoras e sostibles, así como descubrir novas formas de conexión coa clientela nun entorno cada vez máis dixital.

Prevención de Riscos Laborais.

A través de accións formativas e de sensibilización, promóvese a cultura preventiva no comercio. Inclúese formación específica sobre a prevención de riscos no teletraballo, no comercio electrónico e na xestión de riscos psicosociais, aspectos clave para garantir o benestar das persoas traballadoras no sector.

Outros recursos formativos

A maiores, a Federación impulsa outras accións e itinerarios formativos orientados á mellora das competencias profesionais das persoas comerciantes, facilitando a súa adaptación aos novos retos do sector.

Formación online con respaldo institucional

Desde a Federación Galega de Comercio tamén recomendamos diversas plataformas de formación promovidas por entidades oficiais e grandes tecnolóxicas, que ofrecen cursos gratuítos ou subvencionados en áreas clave para o desenvolvemento profesional no ámbito do comercio.

Aula Mentor – Ministerio de Educación

Plataforma formativa promovida polo Ministerio de Educación con máis de 160 cursos en modalidade online. As áreas inclúen Comercio e Márketing, Informática, Administración, entre outras.

 

Algúns exemplos de cursos:

  • Creación dunha pequena empresa (pyme)
  • Iniciación á contabilidade.
  • Captación, gravación, edición e mestura de audio.
 

Fundae – Fundación Estatal para a Formación no Emprego

A plataforma Experiencia Fundae ofrece máis de 2.100 cursos gratuítos en competencias dixitais e outros sectores estratéxicos.

 

Tamén facilita acceso a formación subvencionada para persoas traballadoras e desempregadas, así como a microcréditos formativos recoñecidos polas empresas.

Grow with Google

Iniciativa de Google que ofrece ferramentas e cursos gratuítos sobre competencias dixitais, márketing en liña, desenvolvemento profesional e emprendemento. Dirixido tanto a profesionais como a empresas.

 

Meta Blueprint

Plataforma de formación gratuíta sobre o uso de Facebook, Instagram e Messenger con fins comerciais. Inclúe cursos, guías prácticas e a posibilidade de obter certificacións oficiais en márketing dixital.

HubSpot Academy

Iniciativa de Google que ofrece ferramentas e cursos gratuítos sobre competencias dixitais, márketing en liña, desenvolvemento profesional e emprendemento. Dirixido tanto a profesionais como a empresas.

 

Adams

Formación está orientado a persoas que queiran especializarse no ámbito do comercio electrónico e o marketing dixital. A formación inclúe contidos sobre deseño web, multimedia, estratexias de venda online, publicidade dixital e ferramentas de e‑commerce, ofrecendo unha visión práctica e profesional do sector.

É ideal para emprendedores, comerciantes ou profesionais que desexen adaptar o seu negocio ao mundo dixital. Ao rematar, outórgase un certificado oficial.

Empléate con Talento

Empléate con Talento ofrece cursos gratuítos de comercio electrónico e marketing dixital, nos que se abordan temas como a creación dunha tenda en liña, métodos de pago, publicidade en internet e loxística. Están pensados para mellorar as competencias dixitais de emprendedores, comerciantes e profesionais que queiran impulsar o seu negocio no ámbito online.

Servizo de Formación para o Emprego e Orientación de Lugo

Ofrece programas formativos e itinerarios personalizados para mellorar a empregabilidade das persoas. A través de cursos, certificados de profesionalidade, orientación laboral e apoio na busca activa de emprego, axuda tanto a persoas desempregadas como a traballadores que desexen actualizar ou ampliar as súas competencias profesionais. Ademais, promove accións adaptadas ás necesidades do mercado laboral local e ás demandas das empresas da contorna.