O territorio das Montañas do Courel, recoñecido pola súa riqueza natural, xeolóxica e cultural, enfróntase desde hai décadas a un proceso de despoboamento progresivo e á perda de actividade económica en sectores clave.
Por iso, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque, Montañas do Courel, propón o proxecto “Teletraballar no Courel”.
Obxectivos
Reactivar o territorio rural.
Fomentar o teletraballo como vía de emprego descentralizado.
Mellorar as infraestructuras dixitais.
Fortalecer o teixido social e o arraigo ao medio rural.
Impulsar o desenvolvemento económico local.
Revalorizar o patrimonio natural e cultural da Montaña do Courel.
Articúlase en torno a 5 grandes eixes de actuación:
É un programa integral de desenvolvemento territorial que busca transformar a comarca do Courel nun referente galego e estatal de teletraballo rural. Non é únicamente unha proposta de instalar un espacio de coworking, senón unha estratexia de revitalización socioeconómica basada no talento dixital e o arraigo sostible.