Formar parte da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel é apostar pola colaboración, a visibilidade e o crecemento compartido. Como socio, tes acceso a accións que poñen en valor o teu negocio, fomentan o consumo local e fortalecen o tecido económico da comarca.
Descubre todo o que podemos facer xuntos.
Difusión e visibilidade colectiva
Organización de microformacións en temas útiles, aproveitando coñecementos internos ou apoio externo gratuito:
Redes sociais.
Facturación, autónomos, dixitalización básica.
Mellora na atención ao cliente.
Red de colaboración entre socios
Fomentar relacións entre empresas para xerar sinerxias, acordos de intercambio e compras conxuntas.
Formación gratuita ou de baixo coste
Promoción dos negocios dos socios na web da asociación, redes sociais e canles compartidos.
Campañas conxuntas de dinamización
Organización de campañas de dinamización comercial.
Campaña de Nadal.
Semana do produto local.
Ruta do tapeo «Cantar no Xeoparque».
Pasaporte comercial: sello por compra en cada negocio participante.
Red de colaboración entre socios
Actuar como canle para resolver dudas comúns, facilitar trámites ou intermediar ante institucións.
Consultas básicas sobre axudas, trámites ou fiscalidade.
Canle de comunicación directa có concello, GDR, Xeoparque, etc.
Representación ante convocatorias, subvencións ou proxectos comarcais.
Formación gratuita ou de baixo coste
Ofrecer aos socios información útil e anticipada sobre axudas, formacións, feiras ou proxectos.
Boletins da Xunta, Diputación, INEGA, IGAPE, GDR.
Contacto directo con outras asociacións e entidades colaboradoras.